Biografía

Ferrol, 1944. Capitán de Navío da Armada, en situación de Retiro. Diplomado en Estatística e Investigación Operativa pola Universidade Complutense de Madrid. Diplomado en Enxeñería Nuclear pola Xunta de Enerxía Nuclear.

Membro da Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxia, Asociación de Estudios Históricos de Galicia, Asociación Cultural da Costa da Morte e Asociación dos Amigos dos Cruceiros.


Estudoso da Historia de Galicia, o Patrimonio Etnográfico, a arte popular e as cruces de pedra desde que pasou a situación de Reserva voluntaria o ano 1991. Desde entón catalogou uns 4000 cruceiros, cruces de pedra e petos de ánimas da Comunidade Galega e inventariado outros 2000 exemplares, cun arquivo fotográfico dunhas 2000 obras.